David Tizón Couto

David Tizón-Couto forma parte do grupo de investigación “Variación da Linguaxe e Categorización Textual” (LVTC) no que investiga, principalmente, o uso da lingua inglesa. Os seus intereses de investigación céntranse na lingüística cognitiva, a variación e o cambio lingüístico, e a aprendizaxe de idiomas. Foi Investigador Principal en proxectos financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación (“Cognitive representation of multi-word sequences in English: Converging evidence”; PID2020-118143GA-I00) ou a Xunta de Galicia (“Frequency effects in the morphosyntax of English”; POS–B/2016/029–PR). Entre as súas publicacións destacadas atópanse artigos en revistas como ‘Cognitive Linguistics‘, ‘Second Language Research‘ ou ‘Corpus Linguistics and Linguistic Theory‘, abordando temas como a redución fonética en secuencias multipalabra ou a percepción de secuencias reducidas por falantes de inglés como L1 ou L2. No ámbito docente, imparte materias nos graos en ‘Linguas Estranxeiras’ e ‘Tradución e Interpretación’, e no ‘Máster Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións’.