Son Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) por la Universidade Complutense de Madrid e Doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo. Fixen un Máster Universitario en Lingua e Comunicación nos Negocios pola Universidade de Vigo e outro Máster Universitario en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas pola Universidade de Vigo. Na actualidade son PDI Axudante Doutor na Universidade de Vigo.
O meu interese investigador céntrase ata o momento no estudo das fontes e recursos usados nos medios de comunicación, xornalismo radiofónico, xornalismo en RRSS, xornalismo e medios Audiovisuais e o uso da Intelixencia Artificial nos medios de comunicación. Estou aberta a novas liñas de investigación relacionadas co ámbito de coñecemento lingüístico como por exemplo o uso de la lingua nos medios de comunicación escrita e audiovisual ou tamén outras colaboracións que puideran xurdir.
Na actualidade imparto as materias de Comunicación Radiofónica (no Grao de Comunicación Audiovisual) e de Teoría y Técnica de la Comunicación Radiofónica (no Grao de Publicidade e Relacións Públicas) da Facultade Comunicación de Pontevedra. Estou adscrita ao Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación. Área 675 (Xornalismo) e son membro do Grupo de Investigación en Comunicación- ICOM da UVIGO.
No ámbito profesional, fun xornalista en diversos medios de comunicación (Voz de Galicia Radio, Onda Cero Radio, Axencia Europa Press, TELEVIGO, la Voz de Galicia e colaboradora en Atlántico Diario, Diario de Pontevedra e Comarcas na Rede.