Blanca Miranda Rodas é contratada predoutoral pola Xunta de Galicia e doutoranda no programa de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. Desde 2023 forma parte do Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa). É titulada no Grao en Tradución e Interpretación (2022) e no Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (2023). Así mesmo, exerceu como profesora substituta de francés no Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo entre 2022 e 2024. As súas liñas de investigación céntranse no subxénero Vigo noir da narrativa galega contemporánea, na tradución ao francés dos seus referentes culturais e na análise da autotradución, con especial atención á obra de Domingo Villar.