Beatriz Longa Alonso

É licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, con intercambios na Bangor University (Reino Unido) e a Western Sydney University (Australia), ademáis de Técnica Superior en Interpretación de Lengua de Signos. Posúe un mestrado en Lingüística Aplicada polas universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. Traballou nos proxectos CORALSE, Justisigns2, Linkterpreting e SignaMed e é intérprete en activo desde 2012. Pertence ao grupo BIFEGA e é doutoranda no Programa Doutoral Internacional en Tradución & Paratradución cunha investigación sobre a interpretación para mulleres xordas en contextos de violencia de xénero.