Aquilino Santiago Alonso Núñez leu a tese de doutoramento (A fala de Castrelo do Val) na Univesridade de Santiago de Compostela. É profesor titular da Universidade de Vigo. Colaborou na elaboración de libros de texto de ensino medio (de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, de 1º e de 2º de Bacharelato). Publicou investigacións relacionadas coa fonética, a fonoloxía, os diminutivos, a morfoloxía flexiva e léxica, a etimoloxía, a xeografía lingüística, a dialectoloxía galega, os cambios lingüísticos no continuum dialectal galegoportugués e a narrativa galega do século XX. Ademais de formar parte do grupo GID de innovación educativa, colaborou en traballos sobre mediación lingüistica.