Ana Varela Suárez é doutora en Estudos Lingüísticos. Traballa no eido da Lingüística clínica, particularmente nos déficits pragmáticos no discurso oral das persoas con demencia. O obxectivo principal desta rama de traballo é axudar as coidadoras a comunicarse de forma máis eficaz coas persoas que padecen este síndrome, así como comprender mellor os patróns de deterioro nas diferentes enfermidades que poden causalo.
Nesta mesma liña, traballa con Marta Peláez Torres na teoría da retroxenese no discurso, que procura establecer similitudes entre os procesos da adquisición da linguaxe na etapa infantil e na de deterioro en episodios neurodexenerativos.
Por outra banda, tamén traballa xunto con Susana Rodríguez Barcia no discurso alimentario en prensa, principalmente en como reflicte a realidade económica e social e como varía dependendo dos intereses do mercado.