Ana Luna Alonso

Ana Luna Alonso é profesora titular no departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, onde imparte clases de grao, mestrado e doutoramento. Así mesmo, é investigadora do grupo BITRAGA (bitraga.gal) e membro do equipo de traballo de CULTURFIL (USC). Participa en diferentes grupos como CRET (UB), EACT (UAB) e BiFeGa (Uvigo). Entre as súas actividades centradas nos estudos de tradución, hai que incluír os estudos socioculturais do contexto no que se desenvolve a tradución, desde e cara ás linguas minorizadas, a historia da tradución e das persoas que traducen, o estudo dos fluxos de tradución e as políticas de tradución editorial. Tamén conta con numerosas publicacións e ha coeditado varias monografías, como La traducción editorial en el espacio ibérico. Discursos de principios de siglo (Comares 2024); Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionacionales del libro e invitados de honor (Peter Lang, 2021); La traducción literaria: nuevas investigaciones (Comares, 2016), Literaturas extranjeras y desarrollo cultural (Peter Lang, 2015) o Traducción de una cultura emergente (Peter Lang, 2012).