Ana Elina Martínez Insua

Ana Elina Martínez-Insua é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela (1997). Doutorouse en Lingüística Inglesa en 2003, cunha tese dirixida polo Prof. Ignacio M. Palacios-Martínez, sobre as construcións existenciais con There no inglés escrito e falado. En xullo de 2009 obtivo praza permanente como Profesora Titular na Universidade de Vigo, onde é membro do grupo de investigación Variación Lingüística e Categorización Textual. Formou parte dos comités organizadores de varios congresos (inter)nacionais, como First International Workshop on the Structure of the Noun Phrase in English, 7th Biennial International Conference on the Linguistics of Contemporary English (BICLCE), 32nd European Systemic Functional Linguistics Conference ou ICAME45, entre outros.

En canto a xestión universitaria, Ana Elina foi Vicedecana de Relacións Internacionais (2008-2015) e coordina o módulo de Linguas Estranxeiras do Máster de Formación de Profesorado da Universidade de Vigo (2012-), onde imparte o seminario Estratexias de Innovación Docente para a aula de Linguas Estranxeiras.

Os intereses de investigación de Ana Elina son o enfoque Sistémico Funcional do estudo do inglés; o sistema Tema-Rema e o achegamento Sistémico Funcional á metafunción textual; o inglés como L1 e L2; o proceso de ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras, e a innovación docente.