II Xornada sobre linguas, tradución e asuntos xurídicos

A II Xornada sobre linguas, tradución e asuntos xurídicos terán lugar o xoves 30, de 16:00 a 20:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo.

Nesta edición abordaranse temas de grande interese, como a interpretación xurada, a linguaxe clara e a xustiza, e diversas cuestións de dereitos legais. Será unha oportunidade única para reflexionar, compartir experiencias e fortalecer os lazos entre os campos xurídico e lingüístico.

A asistencia é de balde, pero é necesario rexistrarse previamente para recibir un certificado de participación. Complete o formulario de rexistro nesta ligazón:
???? https://forms.gle/jQKUTuWxZzqENRLU6

O evento está organizado e apoiado polo Instituto de Investigación iLingua, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, a Facultade de Filoloxía e Tradución, o Consello Social e o Departamento de Tradución e Lingüística.

Últimos eventos