Rolda de prensa do iLingua

Preto de oitenta investigadores e investigadoras no só da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) senón tamén de áreas coma educación, socioloxía e psicoloxía da UVigo impulsaron a posta en marcha de iLingua, o único instituto de investigación do ámbito das Humanidades da institución, unha iniciativa que viu a luz a finais do 2024 co obxectivo de promover investigación en lingüística de primeiro nivel. Nun acto celebrado o 05/06/2025 iLingua foi presentado publicamente polo reitor da UVigo, a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, o decano da FFT e o director do instituto Lingua, Javier Pérez Guerra.