O verso dramático constitúe unha parte esencial do repertorio teatral español que require duns coñecementos teóricos e, sobre todo, prácticos fundamentais para a representación dun importante número de obras. Esta microcredencial ofrece un achegamento a elementos esenciais para dominar a preceptiva métrica e para a súa aplicación na práctica escénica.
Esta microcredencial forma parte do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” subvencionado pola Xunta de Galicia e terá unha financiación do 70% para idades comprendidas entre os 25 e os 64 anos. O alumnado pagará o 30 % do prezo correspondente.
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
10/11/2025 – 15/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
15/11/2025 – 19/01/2026
