Xosé Antonio Fernández Salgado

Licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-portugués (USC 1989) e Doutor en Filoloxía Galega (USC 2002). Foi Bolseiro de investigación no Instituto da Lingua Galega (1987-1992) e Editor da Editorial Santillana-Obradoiro (1993-1998). Dende 1998, é Profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo (dende 2007 como TU), onde imparte materias relacionadas coa gramática do galego. É membro do grupo de investigación TALG (UVigo). As súas áreas de investigación inclúen o estudo gramatical e léxico da lingua galega, a súa historiografía lingüística e a edición crítica de textos do galego moderno. Participou en varios proxectos de investigación sobre estes temas e é autor dunha trintena de traballos publicados en revistas académicas e capítulos de libro. É tamén autor das monografías “Marcial Valladares. Biografía dun precursor no rexurdimento galego” (2005) e “Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas” (2017); editor crítico de varias obras de Marcial Valladares e coautor de “Diccionario de Dúbidas da Lingua Galega” (1990), “Nivel Soleira” do galego (1993) e “A roda dos verbos. Usos e dificultades da conxugación verbal galega” (2013). Dende 2016, é o editor xefe do anuario “Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega”.