Son titulada en xornalismo pola USC e doutora en Comunicación pola UVigo. Os meus intereses investigadores están centrados na análise de contido e a análise do discurso, especialmente no que ten que ver coa utilidade dos contidos comunicativos. Máis recentemente, estou abordando estas cuestións en medios de comunicación pero tamén en plataformas web e redes sociais.