Rosa Alonso Alonso é profesora titular do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana na Universidade de Vigo. Participou en diversos proxectos de investigación sobre a adquisición de segundas linguas. Os seus principais intereses de investigación inclúen a transferencia lingüística, a expresión do movemento a través das linguas e a aprendizaxe informal do inglés. Conta con diversas publicacións nestes ámbitos, entre as que se inclúe a autoría dos libros The Role of Transfer in Second Language Acquisition (2002), La transferencia lingüística: perspectivas actuales (2020), Factores Individuales en el aprendizaje de segundas lenguas (2023) e a co-autoría do libro Informal Language Learning: Expanding the learning horizons beyond the classroom (2024). É editora en solitario dos volumes Crosslinguistic Influence in Second Language Acquisition (2016) e Speaking in a Second Language (2018). Ademais, é coautora do Diccionario de Enseñanza y Aprendizaje de Lenguas (2007) e a editora principal da VIAL Vigo International Journal of Applied Linguistics.