Montserrat Ribao Pereira

Son catedrática de Literatura española do Departamento de Literatura española e Teoría de la literatura da Universidad de Vigo, á que me incorporei en 1998. A miña investigación máis importante está relacionada coa literatura española do século XIX en todos os xéneros, especialmente o teatro, ao que me dediquei xa na niña tese de doutoramento. Logo incorporei ás miñas liñas de traballo o pardobazanismo, a novela histórica, a literatura popular, a prensa, as lendas e o conto literarios, os textos icónicos das edición decimonónicas, a escritura de/sobre mulleres no XIX e a reescritura oitocentista da Idade Media. Son editora literaria do duque de Rivas, Zorrilla, Gil y Zárate, Muñoz Seca, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.


Coordino, desde o seu necemento en 2014, o Grupo de Investigación Ediciones y Estudios de Literatura Española, recoñecido pola Universidade de Vigo, que conforma máis dunha ducia de investigadores/as e alumnado en formación. Son tamén a IP do primeiro proxecto de Innovación Docente en humanidades da UVigo. Coordino o Grupo de Innovación docente ALITES, que ten captado fondos da propia universidade e doutros organismos públicos, en diferentes convocatorias competitivas, para levar a cabo accións de divulgación e transferencia dos resultados da nosa investigación. Os máis salientables son as pílulas polimedia en lingua española e en lingua de sinais española, de acceso aberto na Biblioteca dixital TECER, que coordino, asi como a implementación das súas salas MULIER e TALÍA, financiadas pola Cátedra de Feminismos da Deputación de Pontevedra.


Ademais de en licenciatura, grao, doutoramento e máster en UVigo, teño impartido docencia Erasmus en diferentes universidades europeas e participado en programas de doutoramento na Universidade de A Coruña, de posgrado en Santiago de Compostela e León, e de máster en Rennes II e Udine. Coordino e imparto cursos de formación docente en UVigo, diferentes programas de formación literaria en liña e, desde 2023, o título propio de Experto en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media.