Jorge Figueroa Dorrego

A miña investigación centrouse principalmente na literatura inglesa do periodo da Restauración (1660-1700). Comecei estudando a obra narrativa de Aphra Behn para a realización da miña tese de doutoramento, que se defendeu en 1998 na USC. Posteriormente fun ampliando o meu obxecto de estudo á narrativa doutras escritoras inglesas do século XVII. Os resultados desa investigación reflectíronse en varias comunicacións, artigos, capítulos e libros como Tecendo tramas, fiando ficcións. Narrativa inglesa de autoría femenina (1621-1688) (Universidade de Vigo, 2002) e Re-shaping the Genres: Restoration Women Writers, co-editado con Zenón Luis Martínez (Peter Lang, 2003). Centrábame normalmente en cuestións de xénero, recepción e literatura comparada, pero xa nesa época tamén funme adentrando na análise sobre o uso do humor nos textos literarios. A miña publicación máis destacable nesa liña de investigación foi a co-edición, xunto con Cristina Larkin, de A Source-Book of Literary and Philosophical Writings on Humour and Laughter (Edwin Mellen, 2009). Desde 2012 son membro do chamado “Restoration Comedy Project”, creado na Universidade de Sevilla, con varios proxectos subvencionados polo Ministerio e pola Junta de Andalucía, coordinados por distintos IPs. A miña contribución consistiu en publicar algúns traballos sobre comedias de dito periodo e analizar os distintos xéneros cómicos para as introduccións dos volumes Restoration Comedy, 1671-1682. A Catalogue, (Teneo Press, 2019) e Restoration Comedy, 1683-1694: A Catalogue (Teneo Press, no prelo). Desde 2023 son, ademáis, membro do equipo de traballo do proxecto titulado “Utopía política, xénero e ciencia na modernidade a través de Margaret Cavendish”, dirixido por Julia Urabayen (Universidade de Navarra) e subvencionado polo Ministerio de Economía e Innovación. A míña contribución consiste en facer a introducción á traducción ao castelán de tres relatos do libro desa autora inglesa Natures Pictures Drawn by Fancies Pencil to the Life (1656), que publicará a editorial Comares en 2025 ou 2026.