Alberto Álvarez Lugrís

Licenciado en Filoloxía anglo-xermánica pola USC (1992), onde defendeu a Tese de Licenciatura Os falsos amigos da tradución do inglés ao galego (1994). Doutor en Tradución e interpretación pola UVigo (1999) coa tese A tradución do inglés ao galego. Proposta de Estilística comparada .

En 2003 publicou xunto con Anxo Fernández Ocampo a versión galega e multilingüe da Terminoloxía da tradución. (Terminologie de la Traduction – Translation Terminology – Terminologie des Übersetzungs – Terminología de la tradución) , de Delisle, Lee-Jahnke e Cormier.

Director de Viceversa. Revista galega de tradución , publicada pola UVigo. Membro del consello de redacción de Hermeneus. Censor en temas de tradución, lingüística de corpus e lingüística computacional para distintas revistas e editoriais internacionais (Linguamática, DEA, Transitions-Journal of Franco-Iberian Studies, MONTI, John Benjamins…).

Coautor do Dicionario Moderno Inglés-Galego, edición en papel do primeiro dicionario galego baseado en córpora.

Como traductor literario destacan Asasinato no Orient Express de Agatha Christie, Horario de clase de Christine Nöstlinger, Mélani Miráculi de Renate Welsh o Galicia, a Suíza de España, de Annette M.B. Meakin.

Docente na UVigo dende o ano 1994, na primeira promoción da licenciatura en Tradución e Interpretación. Dende 2001 é profesor titular de universidade. Na antigua licenciatura e no actual grao vén impartindo distintas materias de tradución da combinación inglés-galego. No Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional —que conta coa mención de excelencia da Xunta de Galicia— e no Programa de doutoramentoo en Tradución & Paratradución imparte materias de Metodoloxía da investigación.

Como investigador ten publicados máis de 70 artigos e libros sobre teoría e a práctica da tradución, lingüística de corpus, docencia e didáctica da tradución, lexicoloxía e lexicografía ou o papel da tradución na creación de identidades.

Os seus intereses de investigación céntranse principalmente en dous campos: o uso de corpus nos Estudos sobre tradución e a construción da identidade nacional a través das traducións.