O seminario ESMAS-ES+ reúne investigadoras e investigadores de diferentes universidades e institucións para compartir avances arredor da anotación semántico-ontolóxica multilingüe, o desenvolvemento de ontoloxías léxicas, a análise de corpus e a aplicación da intelixencia artificial ao procesamento lingüístico.
A sesión aberta da tarde, con inscrición previa, inclúe presentacións divulgativas e un workshop práctico dirixido a persoas interesadas no uso das etiquetas semánticas e das rutas ontolóxicas do proxecto.

