
Xa está dispoñible en UVigo TV o vídeo sobre a Exposición Universo Quixotas, subvencionado polo grupo de investigación Ediciones y estudios de literatura española e que conta coa colaboración do iLingua.
Esta exposición poderá ser visitada ao longo de todo o mes de xuño no vestíbulo de entrada da Biblioteca Central da Universidade de Vigo no campus de Lagoas-Marcosende.