Xa está aberto o prazo de matrícula no curso “O Posthumano”, que a USC está a organizar coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo (5-6-7 outubro 2026 (horario de tarde): Tt. 12 horas). Lugar: Facultade de Filoloxía, USC.
Este curso reúne especialistas en literatura, estudos de xénero, filosofía, tecnoloxías intelixentes, arte, pedagoxía, bioloxía, moda, arqueoloxía, poetas e narradoras, etc. para debater as recentes configuracións do posthumano na nosa sociedade.
Xúntase programa da actividade (cartaz de Jorge Rodríguez Durán). Contacto para máis información: Manuela Palacios (manuela.palacios@usc.gal).
Curso organizado polo proxecto “Interseccións posthumanas nas literaturas irlandesa e galega” (PID2022-136251NB-I00, MICIU/ AEI/FEDER10.13039/501100011033) en colaboración co Grupo D&I, o iHUS, o grupo de innovación docente GIDEANE e a UIMP-Galicia.
https://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=6671&anyaca=2026-27
https://wapps001.uimp.es/uxxiconsultas/ficheros/7/740426671.POSTHUMANO.GAL.pdf

