I Xornada «Tradución e cousas médicas»

A I Xornada «Tradución e cousas médicas» terá lugar o próximo 9 de novembro no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Trátase dunha xornada organizada conxuntamente por profesorado da FFT e profesionais do hospital, na que abordaremos a importancia da comunicación no ámbito sanitario e reflexionaremos sobre o impacto das barreiras lingüísticas na atención ás persoas pacientes (especialmente migrantes e xordas). 

Contaremos cunha conferencia a cargo das profesoras Maribel del Pozo Triviño e Tamara Varela Vila seguida dunha mesa redonda formada por profesionais sanitarios e unha representante da Asociación de Persoas Xordas de Vigo.

Inscríbete: I XORNADA DE TRADUCIÓN E COUSAS MÉDICAS: Rellenar formulario