{"id":3305,"date":"2025-08-28T10:38:41","date_gmt":"2025-08-28T08:38:41","guid":{"rendered":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/adscricion2025\/"},"modified":"2025-12-09T11:00:02","modified_gmt":"2025-12-09T10:00:02","slug":"adscricion2025","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/adscricion2025\/","title":{"rendered":"adscricion2025"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>CHAMADA P\u00daBLICA DE ADSCRICI\u00d3N AO INSTITUTO DE INVESTIGACI\u00d3N LINGUA<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>(acordada na sesi\u00f3n do comit\u00e9 cient\u00edfico do 8\/4\/2025)<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PRE\u00c1MBULO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; O Instituto de investigaci\u00f3n LINGUA (iLingua), con sede f\u00edsica na Facultade de Filolox\u00eda e Traduci\u00f3n de Vigo, \u00e9 un Instituto propio de car\u00e1cter multidisciplinar cunha finalidade de investigaci\u00f3n, innovaci\u00f3n cient\u00edfica e transferencia de co\u00f1ecemento no eido da ling\u00fc\u00edstica e as linguas. As s\u00faas li\u00f1as de actuaci\u00f3n incl\u00faen: ling\u00fc\u00edstica interna e variaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica; sociedade, ideolox\u00eda e pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica; linguas, cognici\u00f3n e educaci\u00f3n; traduci\u00f3n e interpretaci\u00f3n; lingua e literatura; lingua e accesibilidade; humanidades dixitais.<\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Co iLingua, o persoal investigador da UVigo ten a oportunidade de optimizar a coordinaci\u00f3n, mellorar indicadores de desempe\u00f1o e aumentar a s\u00faa visibilidade internacional, acadar niveis sostibles de financiamento auton\u00f3mico, estatal e internacional, as\u00ed como optar a oportunidades de captaci\u00f3n e atracci\u00f3n de recursos humanos asociadas a un centro constitu\u00eddo como unha contorna de investigaci\u00f3n atractiva.<\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; A pol\u00edtica de incorporaci\u00f3n ao iLingua bas\u00e9ase nun sistema de adscrici\u00f3n individual co obxectivo de abrir as portas a aquelas\/es investigadoras\/es da UVigo, de calquera \u00e1mbito cient\u00edfico, que desenvolvan li\u00f1as de traballo compatibles coa axenda cient\u00edfica do Instituto e que desexen integrarse nel.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PERSOAS CANDIDATAS ELIXIBLES E PROCESO DE ADSCRICI\u00d3N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>PERSOAL DA UVIGO (Perfil 1)<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; O proceso de vinculaci\u00f3n de persoal investigador da UVigo no iLingua est\u00e1 descrito no artigo 9 do Regulamento de r\u00e9xime interno:<\/p>\n\n\n\n<p><em>Artigo 9. Vinculaci\u00f3n do persoal investigador<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Inicialmente formar\u00e1 parte do iLingua o persoal mencionado na memoria de creaci\u00f3n do mesmo. A vinculaci\u00f3n dun\/ha investigador\/a ao iLingua poder\u00e1 ter lugar \u00e1 instancia da Comisi\u00f3n cient\u00edfica, do Consello asesor externo, da\/o director\/a ou da persoa interesada.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Trala s\u00faa creaci\u00f3n, o iLingua far\u00e1 unha convocatoria para a adscrici\u00f3n de novas\/os investigadoras\/es, aberta ao conxunto do profesorado e persoal investigador da UVigo.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Este proceso de vinculaci\u00f3n dir\u00edxese ao persoal definido no artigo 5 do antedito Regulamento:<\/p>\n\n\n\n<p><em>Artigo 5. Persoal integrante<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Poder\u00e1n ser membros do iLingua:<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>&#8211; investigadoras\/as vinculadas\/os: persoal docente e investigador doutor vinculado a tempo completo \u00e1 UVigo (&#8230;)<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>&#8211; investigadoras\/es non permanentes: persoal investigador contratado especificamente con cargo a programas ou a proxectos de investigaci\u00f3n de acordo co marco laboral e normativo aplicable<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>&#8211; investigadoras\/es en formaci\u00f3n: persoal investigador matriculado en programas de doutoramento da UVigo que conte coa direcci\u00f3n ou coa codirecci\u00f3n dun\/ha investigador\/a vinculada\/o ao iLingua.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; As caracter\u00edsticas da integraci\u00f3n est\u00e1n definidas no artigo 8:<\/p>\n\n\n\n<p><em>Artigo 8. Dedicaci\u00f3n do persoal investigador<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>O persoal investigador poder\u00e1 estar vinculado formalmente a un s\u00f3 Instituto, entend\u00e9ndose que a s\u00faa actividade investigadora e a s\u00faa produci\u00f3n cient\u00edfica (investigadora e de transferencia), aos efectos de filiaci\u00f3n e valoraci\u00f3n de indicadores, estar\u00e1 vinculada ao iLingua. Poder\u00e1 visibilizarse a s\u00faa adscrici\u00f3n complementariamente a outras unidades acad\u00e9micas ou de investigaci\u00f3n (Departamentos, grupos, Facultades, Escolas) \u00e1s que o persoal poida estar adscrito. (&#8230;).<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>O persoal investigador incorporado ao iLingua asumir\u00e1 un compromiso de vinculaci\u00f3n m\u00ednimo de tres anos.<\/em><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>PERSOAL EXTERNO \u00c1 UVIGO (Perfil 2)<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; O proceso de vinculaci\u00f3n de persoal investigador externo \u00e1 UVigo no iLingua est\u00e1 descrito no artigo 6 do Regulamento de r\u00e9xime interno:<\/p>\n\n\n\n<p><em>Artigo 6. Persoas colaboradoras externas. O iLingua poder\u00e1 colaborar con persoas externas relacionadas co \u00e1mbito de estudo do mesmo. As persoas colaboradoras externas non ter\u00e1n a condici\u00f3n de persoal integrante do iLingua.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Poder\u00e1n pedir a vinculaci\u00f3n como persoal colaborador externo as persoas cunha traxectoria investigadora consolidada vinculada significativamente aos proxectos e \u00e1 actividade investigadora dos membros do iLingua.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PRESENTACI\u00d3N DE SOLICITUDES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; A data l\u00edmite para a&nbsp;presentaci\u00f3n de solicitudes \u00e9 o <strong>15 de outubro de 2025<\/strong>. As persoas solicitantes deber\u00e1n cumprimentar o formulario en li\u00f1a de expresi\u00f3n de interese (no Anexo p\u00f3dense consultar os apartados que incl\u00fae), no que se lle pedir\u00e1 que cargue o seu&nbsp;<em>curriculum vitae<\/em>&nbsp;(en galego, espa\u00f1ol ou ingl\u00e9s), en calquera formato, preferentemente CVA (abreviado de 4 p\u00e1xinas).<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PROCESO DE AVALIACI\u00d3N DAS SOLICITUDES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; As solicitudes ser\u00e1n avaliadas pola Comisi\u00f3n cient\u00edfica, tralo informe previo do Consello asesor externo, atendendo a criterios de m\u00e9ritos de investigaci\u00f3n e idoneidade, e respectando os principios de igualdade de oportunidades. As solicitudes aprobadas ser\u00e1n remitidas \u00e1 Xunta directiva para a s\u00faa ratificaci\u00f3n e ser\u00e1n comunicadas \u00e1 Vicerreitor\u00eda de investigaci\u00f3n da UVigo.<strong><br><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>ANEXO. FORMULARIO DE EXPRESI\u00d3N DE INTERESE<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Deber\u00e1 completarse en li\u00f1a, a trav\u00e9s do formulario (require autenticarse con conta Google):&nbsp;<a href=\"https:\/\/forms.gle\/Z6sT9hecUKiSExkaA\">https:\/\/forms.gle\/Z6sT9hecUKiSExkaA<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>DATOS PERSOAIS<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Apelidos, nome<\/li>\n\n\n\n<li>C\u00f3digo ORCID<\/li>\n\n\n\n<li>Correo electr\u00f3nico<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>MODALIDADE DE ADHESI\u00d3N<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>membro do iLingua (perfil tipo 1)<\/li>\n\n\n\n<li>persoal colaborador externo (perfil tipo 2)<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>DATOS PROFESIONAIS<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Instituci\u00f3n<\/li>\n\n\n\n<li>Departamento<\/li>\n\n\n\n<li>\u00c1rea de co\u00f1ecemento<\/li>\n\n\n\n<li>Facultade\/Escola\/Centro<\/li>\n\n\n\n<li>Categor\u00eda profesional actual<\/li>\n\n\n\n<li>Grupo de investigaci\u00f3n<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>TRAXECTORIA INVESTIGADORA<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>A s\u00faa categor\u00eda profesional permite\/permitiu a solicitude de sexenios?<\/li>\n\n\n\n<li>N\u00ba de sexenios de investigaci\u00f3n acadados<\/li>\n\n\n\n<li>Acadou sexenio de transferencia?<\/li>\n\n\n\n<li>N\u00ba de proxectos de investigaci\u00f3n competitivos (auton\u00f3micos, estatais, estranxeiros, internacionais) dos que foi IP ou co-IP nos \u00faltimos 10 anos<\/li>\n\n\n\n<li>N\u00ba de proxectos de investigaci\u00f3n competitivos (auton\u00f3micos, estatais, estranxeiros, internacionais) nos que participou como membro do equipo investigador nos \u00faltimos 10 anos<\/li>\n\n\n\n<li>N\u00ba de proxectos de investigaci\u00f3n competitivos (auton\u00f3micos, estatais, estranxeiros, internacionais) nos que participou como membro do equipo de traballo nos \u00faltimos 10 anos<\/li>\n\n\n\n<li>Liderou ou formou parte de equipos que desenvolveran actividades de transferencia do co\u00f1ecemento nos \u00faltimos 5 anos? Descr\u00edbaas brevemente.<\/li>\n\n\n\n<li>Resumo das s\u00faas achegas cient\u00edfico-t\u00e9cnicas m\u00e1is relevantes nos \u00faltimos 10 anos (m\u00e1x. 200 palabras; en galego, espa\u00f1ol ou ingl\u00e9s)<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>XUSTIFICACI\u00d3N DA SOLICITUDE<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Motivaci\u00f3n do seu desexo de integraci\u00f3n no iLingua e xustificaci\u00f3n da s\u00faa afinidade coas li\u00f1as de actuaci\u00f3n principais (ling\u00fc\u00edstica interna e variaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica; sociedade, ideolox\u00eda e pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica; linguas, cognici\u00f3n e educaci\u00f3n; traduci\u00f3n e interpretaci\u00f3n; lingua e literatura; lingua e accesibilidade; humanidades dixitais); no caso do persoal externo \u00e1 UVigo que solicite a s\u00faa adscrici\u00f3n como colaborador externo, xustificaci\u00f3n do seu v\u00ednculo aos proxectos e \u00e1 actividade investigadora dos membros do iLingua (m\u00e1x. 200 palabras; en galego, espa\u00f1ol ou ingl\u00e9s)<\/li>\n\n\n\n<li>Carga do documento co curriculum vitae (en calquera formato, preferiblemente CVA abreviado; m\u00e1x. 100 MB)<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CHAMADA P\u00daBLICA DE ADSCRICI\u00d3N AO INSTITUTO DE INVESTIGACI\u00d3N LINGUA (acordada na sesi\u00f3n do comit\u00e9 cient\u00edfico do 8\/4\/2025) PRE\u00c1MBULO &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; O Instituto de investigaci\u00f3n LINGUA (iLingua), con sede f\u00edsica na Facultade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":16,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"class_list":["post-3305","page","type-page","status-publish","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3305","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/16"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3305"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3305\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3307,"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3305\/revisions\/3307"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ilingua.uvigo.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3305"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}